7 enero, 2025
Ana Ortiz mantivo un encontro coa nova directiva da Fundación Provincial e avanza que o Goberno galego estuda liñas de colaboración coa ONG
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes as instalacións da Fundación Provincial Banco de Alimentos no barrio do Lavadores e mantivo un encontro coa nova directiva encabezada por José Ramón
Santamaría.
A representante autonómica destacou o gran labor realizado pola ONG durante a Gran Recollida Solidaria levada a cabo o pasado ano, no que recaudou máis de 325.000 quilogramos de comida. “O traballo solidario do Banco de Alimentos é encomiable, os meus parabéns pola inmesa recollida levada a cabo en 2024”, sinalou despois de lembrar a figura do anterior presidente, Iván Martínez, falecido recentemente.
Na reunión cos responsables da Fundación Provincial a delegada tamén avanzou que o Goberno galego xa está estudando liñas de cooperación para que o Banco de Alimentos, integrado na Federación Española Bancos de Alimentos (FESBAL), conte co apoio da Xunta en futuras campañas solidarias.
Alerta