4 noviembre, 2021
A Xunta de Goberno adxudicará este venres por preto de 772.000 euros as obras da mellora da seguridade viaria e o sendeiro, que se prolongará nun treito de 1,2 quilómetros da estrada provincial ata conectar co acceso ao areal.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicará este venres por preto de 772.000 euros as obras de seguridade viaria na EP-9212, que prevén a construción da senda peonil entre Noalla e a praia da Lanzada en Sanxenxo, baixo o modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial. Trátase dunha ambiciosa actuación que mudará a fisionomía desta contorna e cuxo coste asumirá na súa totalidade a Deputación, xa que a aportación municipal do 30%, derivada do convenio asinado co Concello de Sanxenxo, financiarase a través dunha achega do Plan Concellos.
A actuación na EP-9212 abarcará un treito de 1,2 quilómetros, desde a igrexa de santo Estevo ata o acceso á praia da Lanzada. Esta estrada conecta o núcleo de Noalla co acceso á praia e é polo tanto un viario con abundante tránsito de viandantes, de xeito que este proxecto suporá un antes e un despois en materia de mobilidade sostible e de seguridade neste concello e nesta zona tan visitada. En concreto, executarase unha senda peonil de 3 metros de ancho na marxe dereita da estrada e paralela ao seu actual trazado en plataforma única, salvo en 3 zonas onde vai ser necesario facer plataformas de convivencia, con prioridade para peóns/as. Tamén se prevé a execución do reforzo do firme na plataforma para o paso de vehículos, así como a habilitación de 4 pasos de peóns/as sobreelevados e a renovación da sinalización horizontal e vertical.
Na zona do Pazo de Quintáns haberá unha serie de actuacións que permitirán integrar elementos orixinais da edificación coa senda e plataforma de convivencia proxectadas, como a restauración do lousado orixinal de granito, xunto coa recuperación da cuneta perimetral do muro de peche e a resolución do encontro entre os pavimentos de pedra e formigón mediante a interposición dun bordillo de pedra da mesma variedade litolóxica que as lousas existentes.
Alerta