20 septiembre, 2024
O programa, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén as concellos de Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ribadumia
O Auditorio Municipal das Neves acolle este sábado 21 de setembro a primeira das proxeccións cinematográficas do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia
Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, ás 21.00 horas, exhibirase o filme “Fatum”,dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Luis Tosar e Alex García.
A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais de ás Neves, a Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ribadumia, e está composta por outras sete películas: tres longametraxes de ficción e catro documentais. Desta maneira, á provincia chegarán “O corno” e “Matria” despois do seu exitoso paso polos festivais de San Sebastián e Málaga, e que foron, ademais, as grandes vencedoras da XXII edición dos Premios Mestre Mateo.
Ademais de “Fatum”, a película que inaugura o ciclo mañá nas Neves, e de “O Corno” e “Matria” ao abeiro deste Ciclo poderase desfrutar da longametraxe de ciencia ficción “¡Salta!”, ademais dos documentais:
“Emoción, vida e teatro, a nave das Marías”, “A viaxe de Lucy”, “Chichi e mais eu” e a gañadora do Mestre Mateo ao mellor documental “Os espazos en branco”.
Alerta