4 noviembre, 2024
A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia reuníronse na tarde de hoxe en Vigo con membros do Instituto de Estudos Vigueses, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.
A vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica desta institución, encadrada na Confederación Española de Centros de Estudios Locais, pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
As súas achegas súmanse ás que se levan recibindo desde principios de setembro nas reunión con colectivos e entidades do sector cultural de diferentes eidos que, segundo coincidiron en valorar Luisa Sánchez e Anxo M. Lorenzo, aportaron “valiosas achegas” para enriquecer o deseño do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular.
Alerta