ll Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra

Compartir
Xunta de Goberno de la Deputación de Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar, cun orzamento base de licitación de 65.403€, o procedemento para licitar a contratación dunha empresa especializada en xestión de RRHH dende a perspectiva de xénero para definir e elaborar o documento definitivo do II Plan de Igualdade da institución no que se traballa para ser aprobado antes de que remate este ano 2021.

 

A empresa que resulte adxudicataria se ocupará de identificar as medidas prioritarias a incluír neste II Plan, que terá unha vixencia de 4 anos, e que se realiza ao abeiro dos resultados da avaliación do I Plan de Igualdade, que foi pioneiro ao ser o  primeiro dunha administración pública en ser elaborado cunha auditoría laboral de xénero e cunha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero. De feito, o primeiro Plan incorporaba xa as medidas do pacto de estado en materia laboral e as que o Senado recolle contra as violencias machistas, co que se implementaron un importante numero de medidas para garantir a igualdade laboral na administración provincial.

 

O proceso de elaboración do II Plan de Igualdade, conta cun traballo de avaliación no marco da comisión paritaria de seguimento,  órgano integrado  por representantes sindicais e persoal  de Deputación,  que se ten reunido xa en 5 ocasións para estudiar o grado de implementación das medidas do I Plan. A ultima reunión mantida foi  o pasado 23 de Xullo,  para facer xa a avaliación final coa redacción dun informe de conclusións que se fará público en breve

 

É precisamente esta análise final a que permitirá enfocar axeitadamente o deseño do II Plan de Igualdade, que volverá a abarcar a todo o persoal da Deputación, o persoal funcionario, laboral e bolseiros/as. O Plan tamén incorporará as novidades introducidas despois do RD lei 6/2019 de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, que é posterior a aprobación do I plan. Como no primeiro, tamén incluirá todas as recomendacións  internacionais, a lexislación estatal e galega e mesmo, ampliará o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do convenio de Estambul. Igualmente, integrará todas as medidas do pacto de estado en materia laboral e as que o Senado recolle contra as violencias machista. Ademais tamén terá na súa carteira de traballo o seguimento e avaliación do grado de consecución da cada unha das medidas recollidas no mesmo de xeito anual ata o remate da súa vixencia no ano 2025.

 

A empresa que resulte adxudicataria prestará asistencia técnica para a  elaboración do documento definitivo que,  de novo, avaliará todas as medidas negociadas a través dunha  nova comisión negociadora o que permitirá que a súa aprobación se produza sempre da man das representacións sindicais.