A Deputación de Pontevedra mellora os accesos da EP5002, A Cañiza-Mourentan

Compartir
Obras A Cañiza. Fonte: Concello

Cun investimento de 127.773,12€, a Institución presidida por Carmela Silva responde con esta actuación “ao compromiso adquirido coa mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria”.

A obra consistiu na eliminación de raíces, acometida de varios drenaxes na estrada para evacuar augas pluviais, o asfaltado completo do tramo cunha nova capa de rodaxe e pintado do vial.

 

O Concello, en coordinación co Servizo de Mobilidade da Deputación, aproveitou para executar traballos de adecuación dos accesos na zona dos Formigos, consistentes na colocación de tubería e formación de reixas de desagüe.

Dentro do Plan de Conservación de Firmes no ano 2021 na Cañiza, A Deputación actuou na EP-5002 A Cañiza –Mourentán, invertindo 127.773,12 €uros, na mellora do tramo dende a nova rotonda da Ponte de Achas en dirección Mourentán ata rebasar a ponte da autovía nun tramo de 1,2 Km.

 

Obras. Fonte: Concello

 

As obras consistiron na renovación da capa de rodaxe, e a renovación da sinalización horizontal co pintado de todo o tramo. Previamente desenvolvéronse varias actuacións para aumentar a durabilidade da capa asfáltica, consistentes na eliminación de raíces, e na construcción de varios drenaxes que permitirán evacuar as augas pluviais evitando acumulacións e arrastres.