1 febrero, 2025
A Xunta de Goberno aprobou esta semana as bases do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia
Os concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia recibirán ata 1,5 millóns de euros da Deputación de Pontevedra para facer fronte a políticas sociais ao abeiro do Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia para 2025. A Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar as bases destas liñas de axuda que contan cun investimento total próximo aos 4 millóns de euros, 230.000€ máis que o pasado ano. En concreto, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación pon a disposición destes concellos algo máis de 1,2 millóns de euros. Destes, 461.000 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e outros 771.000 euros para cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios.
En concreto, A Cañiza recibirá un máximo de 65.140 euros, A Guarda 74.581 €, Arbo 32.762 €, As Neves 44.090 €, Baiona 66.329 €, Covelo 41.854 €, Crecente 43.261 €, Fornelos de Montes 33.753 €, Gondomar 71.597 €, Mondariz 70.150 €, Mondariz-Balneario 23.964 €, Mos 102.713 €, Nigrán 102.423 €, O Rosal 41.219 €, Oia 32.898 €, Pazos de Borbén 31.451 €, Salceda de Caselas 77.630 €, Salvaterra de Miño 64.258 €, Soutomaior 37.980 €, Tomiño 73.757 € e Tui 101.209 €.
No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o Goberno provincial pon a disposición dos concellos da contorna de Vigo e do sur da provincia 263.000 euros, para que poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo. Neste caso, A Cañiza ten dispoñibles ata 13.800 euros, A Guarda 12.800 €, Arbo 12.300 €, As Neves 10.800 €, Baiona 12.800 €, Covelo 12.300 €, Crecente 12.300 €, Fornelos de Montes 12.300 €, Gondomar 14.050 €, Mondariz 12.300 €, Mondariz- Balneario 10.800 €, Mos 14.050 €, Nigrán 13.800 €, O Rosal 12.800 €, Oia 10.800 €, Pazos de Borbén 10.800 €, Salceda de Caselas 11.800 €, Salvaterra de Miño 13.800 €, Soutomaior 11.800 €, Tomiño 13.300 € e Tui 14.050 €.
As axudas destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos, pagamento de desprazamentos, pagamento da reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos, pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e, entre outras, para adquisición de roupa e calzado, axudas ao estudo e de apoio á infancia.
Alerta