13 diciembre, 2021
Cunha achega de máis de 300.000 euros do Plan Concellos actuouse na mellora da superficie en dous viarios municipais e instaláronse redutores de velocidade.
O modelo de mobilidade amable, segura e sostible da Deputación de Pontevedra está a chegar a todos os recunchos da provincia. Neste senso, o concello de Mos viu como as parroquias de Tameiga e Guizán melloraron a súa seguridade viaria a través dunha achega de 318.740 euros procedente do Plan Concellos 2020. O Deputado Santos Héctor Rodríguez e a Deputada Victoria Alonso visitaron hoxe a zona coa Alcaldesa, Nidia Arévalo, para supervisar o remate das obras
A visita comezou no camiño do Pazo, na parroquia de Tameiga, onde se actuou nunha superficie de case de case 670 metros que presentaba un firme con moitas fendas e fisuras transversais. As obras, ao igual que as levadas as cabo en Guizán, realizáronse de xeito exclusivo na superficie do camiño e consistiron na regularización da capa de rodadura.
A continuación, trasladáronse á parroquia de Guizán, onde o Plan Concellos serviu para mellorar a seguridade viaria na urbanización estrada Louriñó-Sobráns que serve como enlace entre as parroquias de Torroso e Guizán. Nesta vía, de case 460 metros de lonxitude, tamén se procedeu á canalización das augas que discorrían pola marxe esquerda e que estaban a deteriorar a capa de rodadura por filtracións así como á limpeza e substitución das gabias existentes para mellorar, entre outras cousas, a evacuación das cunetas. Do mesmo xeito, no viario da parroquia de Guizán instaláronse redutores de velocidade.
Alerta