A Deputación recibe a mención especial de Viajes National Geographic ás Rías Baixas como destino gastronómico
diariodevigo
18 abril, 2024
A deputada de Turismo, Nava Castro, recolleu no Club Allard de Madrid o recoñecemento outorgado polos lectores da publicación nunha votación en liña
. A Deputación de Pontevedra suma outro recoñecemento á excelencia do destino Rías Baixas, desta volta directamente por parte do público final. A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de recoller o galardón outorgado polos lectores da publicación Viajes National Geographic, que lle deron unha mención especial á provincia de Pontevedra na categoría de mellor destino gastronómico nos seus “Premios de los Lectores de Viajes National Geographic 2024”. A entrega tivo lugar
no Club Allard (Madrid) tras tres semanas de votación en liña o pasado mes de febreiro.
Sobre o destino Rías Baixas, a revista destaca que “a combinación dos ricos mares, os verdes pastos e os fértiles viñedos permitiron que esta rexión se convertera nun fervedoiro de restaurantes exquisitos, rutas gastronómicas e experiencias co sabor como protagonista”. Ademais, Viajes National Geographic sinalou que o produto da provincia está sendo potenciado “cunha nova xeración de restauradores que potencian as receitas clásicas e exploran novas fronteiras”. A provincia de Pontevedra competía nesta categoría con Córdoba (que gañou o primeiro premio), Terres de l’Ebre, a Costa Guipuscoana e as Terras de Xaén.
A gastronomía é unha experiencia 100% Rías Baixas, un dos principais sinais de identidade da provincia de Pontevedra, tanto polos seus peixes e mariscos, como polas súas carnes, os produtos do campo, os queixos e mel ou os viños con recoñecemento internacional. Na provincia de Pontevedra trabállanse produtos de cinco denominacións de orixe e outras once indicacións xeográficas protexidas.
Compartir
Te puede interesar...
Imagen de archivo de la actriz Karla Sofía Gascón durante una rueda de prensa de la película Emilia Pérez. EFE/ Sáshenka Gutiérrez
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.