30 octubre, 2021
A División de Emerxencia Consular da Embaixada de España en Sudán confirmou ao alcalde de Catoira, Alberto García, que Alejandro Guillán e o resto de integrantes do grupo musical Baiuca “están recibindo a oportuna asistencia consular por parte da Embaixada”.
Esta información, recibida a través de correo electrónico, é a última resposta a varias chamadas e correos intercambiados polo alcalde coa Embaixada nas últimas horas.
Segundo lle indicaron telefonicamente na xornada de onte, a lei de protección de datos impide ofrecer máis información que a expresada, pero transmitiron unha mensaxe de tranquilidade e indicaron que a situación estaba controlada e que os integrantes do grupo estaban seguros.
Alerta