A Escola Municipal de Música abre o prazo de matrícula

Compartir
Cartel comenzo do curso. Fonte: Escola Municipal de Música “Bernardo del Río”

A matrícula deberá formalizarse na secretaría da Escola de Música o xoves 9 de setembro, de 10:00 a 13:30h e de 16:30 a 20:00h.

 

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía, abre o prazo para cubrir as prazas vacantes en varias especialidades instrumentais para o próximo curso escolar que dará comezo o 15 de setembro.

As especialidades instrumentais que aínda presentan prazas vacantes por cubrir son as seguintes: Vento Madeira (clarinete, saxofón), Vento Metal (trompeta, trombóm, etc.), Corda (violín, viola, chello), Frauta Traveseira, Percusión e Linguaxe Musical Adultos. As materias instrumentais son para alumnos/as a partir de oito anos.

O impreso de matrícula poderase descargar dende o taboleiro de descargas da páxina web da Escola Municipal de Música http://www.emmusicavilagarcia.com ou recoller na secretaría do centro.

A documentación a presentar e a seguinte: impreso de matrícula cumprimentado, documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular de dita conta.

Máis información no enderezo escolamusica@vilagarcia.gal