A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa sección de Ponteareas

Compartir
Portas abertas. Fonte: Ponteareas

A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa extensión de Ponteareas, para dar a coñecer o que se está a realizar no centro, os métodos de ensinanza e os beneficios de estudar unha lingua estranxeira na escola e así atraer a novo alumnado, e motivar a todas aquelas persoas que abandonaron os seus estudos por mor da pandemia.

Todas as persoas interesadas en aprender inglés ou francés poderán participar na sesión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19.00 horas na sede da EOI no IES Val do Tea. A visita será con prazas limitadas, polo que será necesario a inscrición previa chamando ao 886 11 05 36 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo:  eoi.vigo.ponteareas@edu.xunta.gal

A sección de Ponteareas conta con estudos de inglés dende o nivel A1 ato o C1, e de francés no nivel básico integrado A1-A2 e no nivel intermedio B1, cos que o alumnado poderá obter o certificado que acredita a competencia lingüística de maneira oficial. Aínda que o prazo de matrícula xa rematou, a partir do 26 de setembro abrirase un período extraordinario coas prazas vacantes para todas aquelas persoas que queiran comezar xa este novo curso. As clases iniciaranse a partir do 30 de setembro de xeito gradual dependendo do nivel.

Para máis información pode consultarse a páxina web da extensión de Ponteareas da EOI ou as súas redes sociais.