24 octubre, 2023
A Escola Superior de Arte dramática de Galicia ten o acto de inauguración do curso académico o mércores 25 de outubro as 11 horas, na Sala Pedra Seixa.
Ana Vallés impartira a lección inaugural e nomearase, na súa honra, una sala de exhibición.
Asisten:
Don Rubén Vázquez, subdirector xeral de Apredizaxe Permanente, Ensinanzas Artísiticas, Idiomas e Deportivas,
Don Gorka Gómez, Concellerio de cutura
Don César Ares, Xefe territorial de Educación
Doña Marta Fernández Tapias, Vicepresidenta de la Xunta de Galicia
Doña Ana Ortiz, Delegada de la Xunta de Galicia en Vigo
Comezará na Sala Pedra Seixa co seguinte programa:
Trasladarémonos logo ao corredor da planta -1, na entrada da aula P3:
12:15 Inauguración da Sala Ana Vallés
Tomarémonos entón un descanso para, pola tarde, asistirmos a un evento moi importante, na Sala Ana Vallés:
Será un día moi especial, dedicado á arte e ao entusiasmo pola escena, acompañadas por unha figura excepcional, indispensable para entender o teatro e a danza galega da actualidade.
Na última ocasión na que Ana Vallés estivo na ESADg veu para facer unha conferencia e, ao final, acabou realizando unha intervención que deu lugar ao seu espectáculo Teatro invisible. Non sabemos se dos dous actos que ela vai protagonizar este mércores xurdirá a súa próxima creación, mais… con Ana Vallés todo pode acontecer!
Alerta