A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida a seguir participando nos Roteiros do Miño

Compartir

O xoves 29 de agosto terá lugar a 3ª saída dentro dos Roteiros do Miño, organizados pola Eurocidade Cerveira-Tomiño: “Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração”

 

A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza, dun e outro lado da fronteira, a seguir participando nos Roteiros do Miño 2021. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, terá lugar a 3ª saída: Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

 

Carlos Oliveira, coordinador da actividade, explica que nesta ruta “retrocederemos ao século XVII, concretamente, ao período comprendido entre os anos (1640-1668) ca declaración de Independencia do Reino de Portugal (1 de decembro de 1640) e a posterior Guerra de Restauração entre o Reino de España e o Reino de Portugal. Visitaremos varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas daquela época, acompañados con varios expertos que nos axudarán a “revivir” unha parte da Historia na Raia do Baixo Miño”.

Para poder participar en calqueira destas rutas, é preciso reservar praza inscribíndose nos roteiros a través da ligazón https://eurocidadeonline.cm-vncerveira.pt/#/home. Para isto é preciso rexistrarse como cidadán da Eurocidade cubrindo un formulario cos datos persoais. Ante calquera dúbida pódese chamar ao número +351 251 708 020 ou enviar un correo a cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu.

 

Se algunha persoa o preferise pode inscribirse tamén enviando soamente un correo electrónico a: roteirosminho@hotmail.com con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.

 

Deste xeito, leváronse a cabo xa dúas rutas: a Ruta das Pesqueiras e a Ruta da Cabana do Ladrón, quedando pendentes para próximas datas, as seguintes: Ruta dos Fortes da Guerra de Restauración (29 de agosto. 9.30h. PT); Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT); Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL).