14 de noviembre de 2024
4 octubre, 2023
A vicepresidenta primeira e delegada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta tarde unha reunión coa directiva da Federación Galega de Ciclismo.
No encontro, no que a federación presentoulle á vicepresidenta o Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós, que terá lugar este sábado 7 de outubro, así como outros eventos de especial relevancia que terán lugar esta tempada, como o Campionato de Europa de Ciclocrós do que será sede a cidade de Pontevedra.
A vicepresidenta reiterou o compromiso da institución provincial co deporte, “eixo prioritario deste mandato”, e o apoio que a entidade prestará a actividades deportivas que contribúen a posicionar e referenciar a provincia.
Alerta