31 enero, 2025
A Federación Galega de Baloncesto e Miguel Ángel Pérez Pérez conclúen oficialmente a súa vinculación tras máis de 13 anos de traballo conxunto.
A FEGABA anuncia a saída de Miguel Ángel Pérez como director técnico do Comité Galego de Árbitros, cargo ao que chegou en outubro de 2011 e co que tivo a oportunidade de abrir novos camiños para a arbitraxe Galega, á que lle transferiu a súa experiencia, recollida tras 25 temporadas en Liga ACB, categoría da que se despediu a temporada pasada; e 22 como árbitro internacional FIBA e Euroliga, aínda en activo.
Dende a Federación queren agradecer a Miguel Ángel a súa profesionalidade, traballo e compañeirismo durante todo este período como máximo responsable da Arbitraxe en Galicia.
Alerta