Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 13 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo da Festa da Lamprea Seca
As incricións realizaranse na páxina web da Festa da Lamprea na ligazón https://festadalamprea.gal/evento/festa-da-bicicleta/
A Festa da Lamprea Seca, terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto na Carballeira de Turbela
Pola historia, singularidade, arraigo e tradición o Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2022, declarou a Festa da Lamprea Seca de Arbo, de interese turístico de Galicia
O Concello de Arbo, organiza a tradicional “Festa da Bicicleta” coincidindo coa XXVIII edición da Festa da Lamprea, que este terá lugar o día 13 de agosto na Carballeira de Turbela, coa a colaboración da Asociación LimpreBike. A saída esta proxectada para ás 10:30 dende a Praza do Concello e as inscricións realizaranse a través da páxina web da Festa no seguinte formulario https://festadalamprea.gal/evento/festa-da-bicicleta/
A marcha arranca ás 10:30horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, coa actuación grupos folclóricos, charangas, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.
Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.