15 de febrero de 2025
10 julio, 2024
O Concello de Vigo instalará unha pantalla xigante no parque de Castrelos para seguir o partido da final da Eurocopa que se disputará este domingo ás 21,00h.
Deste xeito, a cidade volverá vivir de forma excepcional un evento deportivo igual que aconteceu na final do Mundial de Suráfrica 2010 ou na final da Copa Mundial Feminina de fútbol 2023, neste caso na Praza de Compostela.
O goberno local convida a toda a cidadanía a achegarse a Castrelos para gozar xuntos deste histórico momento.
Alerta