A Florida disfrutará do cocido de Lalín da man da Comunidade Galega en Miami

Compartir

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe no concello de Lalín, á presentación das xornadas do Cocido que se realizarán en Miami en marzo do próximo ano, xunto ao alcalde da capital do Deza, Antonio Crespo,e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de Miami, José Manuel Brandariz.

Rodríguez Miranda trasladou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa que permitirá gozar, grazas a comunidade galega de Miami, dun dos principais produtos gastronómicos galegos como é o cocido, que conta coa cualificación de Festa de Interese Turístico Internacional.

“A colaboración da Xunta de Galicia co concello de Lalín e a Aegusa fará posible a potenciación da gastronomía galega nesta cidade norteamericana”, engadiu Miranda, quen felicitou á comunidade galega de Miami por esta iniciativa que “potencia aínda máis o noso nexo de unión”.