6 agosto, 2021
A Fundación Municipal de Deportes volve a organizar os tradicionais torneos de bádminton e de tenis de verán. A participación é de balde e o prazo de inscrición vai do 6 ao 16 de agosto en ámbolos dous casos. Os formularios para anotarse están dispoñibles na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), por onde tamén deberá realizarse o trámite de inscrición. A competición nos torneos comezará a partir do 19 de agosto.
O torneo de tenis de verán chega este ano a súa XVIII edición. Contará con dúas categorías: a absoluta, coas modalidades masculina e feminina; e a de veteranos, para xogadores nados no ano 1970 e anteriores. Como é tradición, os partidos disputaranse nas pistas municipais de tenis de Fontecarmoa.
Pola súa banda, no torneo de bádminton poderase participar tanto na categoría individual como na de dobres e os partidos se xogarán no pavillón deportivo de Guillán.
Alerta