22 octubre, 2021
A nova obra de teatro da compañía Producións Bernarda é unha homenaxe ás mulleres que se enfrentaron contra o narcotráfico polos seus fillos e fillas.
A loita das nais que fundaron a Asociación Érguete, non deixa de inspirar novos relatos. Xa está en cine, en televisión e, agora, en teatro. A compañía madrileña Producciones Bernarda localiza a súa nova obra “Los hijos de cualquiera”, naquela Galicia dos anos 80 onde un grupo de mulleres plantoulle caro ao narcotráficos polos seus fillos e fillas.
A presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, agradece “a esta compañía integrada por mulleres comprometidas, (Producciones Bernarna), as súas ganas por contar a súa historia”, e afirma que “está segura que será un éxito”. Avendaño aproveita a estrea da obra para lembrar aos responsables culturais que na compañía aínda están a configurar a súa xira.
A directora do grupo, Aldara Molero, afirma que esta montaxe “busca poñer o foco desta historia, a de David contra Goliat, a das formigas contra o elefante, a dos bos contra os malos, nas nais protagonistas; nas mulleres que tiveron a suficiente coraxe para canalizar a súa dor e facelo desembocar nun movemento histórico de transformación social”. Explica ademais que o proceso de creación da obra foi “intenso, sensible e bonito”, xa que “tivemos o pracer de compartir unha charla con Carmen da que aprendemos moito”.
Producións Bernardas fúndase en xaneiro do 2012, froito da necesidade de levar a cabo proxectos de creación artística propios, baseados na investigación de novas linguaxes teatrais. Xorde para dar resposta a unha iniciativa profesional permitindo xerar unha plataforma sólida, onde as diferentes disciplinas dos artistas que forman o grupo atopen un punto de encontro común, para elaborar proxectos que potencien así a mestizaxe artística e a investigación escénica.
Alerta