A maxia infantil será a protagonista da terceira semana de setembro en Marín

Compartir
Maxia Infantil. Fonte: Concello

A Concelleira de Cultura e o Mago Paco, promotor do Festival Internacional de Maxia infantil de Marín, reuníronse esta mañá para pechar os pormenores da nova edición

 

O Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín volverá á Vila do 17 al 19 de setembro. A Concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e o Mago Paco, o promotor deste evento, mantiveron esta mañá unha reunión de coordinación do festival que, se a climatoloxía o permite, se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro.

O venres, 17 de setembro, ás 20.00 horas, actuará o mago Christian Miró. O sábado 18 será o turno da personaxe de “Tin”, de Dani García, tamén ás 20.00 horas. Finalmente, o domingo, mantendo o mesmo horario, celebrarase a Gala Internacional de Maxia Infantil, pero desta vez na Finca de Briz.

A gala contará coa participación de Christian Miró, Don Gelati, Mago Rada, Javi Rufo e Josemari Alcázar.