A Mostra máis “cósmica” chega á 41 edición con 11 días de teatro
Mostra de Teatro Internacional en Cangas. Presentación
diariodevigo
5 abril, 2024
– Cangas volverá ser este verán a capital galega do teatro. A 41 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCFC) celebrarase entre o 27 de xuño e o 7 de xullo de 2024. Once días nos que todos os recunchos, rúas e prazas da vila morracense se encherán do mellor teatro galego, nacional e internacional.
Como xa é habitual, o cartel desta 41 Mostra é obra dun artista da contorna. Neste caso, a autora é Loreto Blanco Salgueiro , natural de Moaña e canguesa de adopción. A artista, profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten ás súas costas unha longa traxectoria artística como pintora e tamén traballa con diferentes formatos de vídeo e coa fotografía.
O cartel desta Mostra é unha imaxe cargada de color e optimismo onde os protagonistas son seres, fantásticos e reais, moi diferentes montados sobre pilas vermellas. Persoas,
extraterrestres e outros personaxes do mundo da imaxinación “viaxando unidos desde o Cosmos á Terra para ver os espectáculos da Mostra”, segundo explica a propia autora.
Loreto Blanco recoñeceu que, cando a organización lle propuxo facer o cartel desta edición, “tiven dúbidas porque non son cartelista e non me sentía capaz de facelo”. Sen embargo, “asumín o reto e gustoume moito encaixalo na miña obra, vencellándoo co meu propio mundo creativo”. De feito, a pila vermella flotando no espazo exterior é unha imaxe onírica da artista que xa empezara a plasmar nunha pintura antes incluso de saber que ía facer o cartel. Por iso, decidíu empregar esta figura creada pola súa propia imaxinación durante un soño porque “o absurdo tamén é parte do teatro”.
O cartel ten de fondo unha imaxe da NASA, a nebulosa de Orión, unha das máis brillantes que existen. “Quería crear unha imaxe de seres vivos diversos nunha unidade”. Para Blanco Salgueiro o cartel da Mostra é “unha peza máis da miña obra, perfectamente vencellada e integrada”. “Como di a miña filla, unha ‘loretada’”, confesa.
TEATRO “CÓSMICO”
Unha das curiosidades desta obra atopámola no nome do propio festival. Facendo alusión á temática galáctica da imaxe, Loreto Blanco permitiuse a licenza de falar dunha mostra ‘cósmica’ no canto de ‘cómica’. “Para min era a guinda do pastel porque, sen dúbida, esta será unha Mostra cósmica e cómica”, aclara a autora.
A directora artística da MITCFC, María Armesto, cualificouna de “artista excepcional, con voz propia, única e universal”. A organización valora moi positivamente a súa concepción da arte “como ferramenta terapéútica”.
Esta non é a primeira vez que Loreto Blanco colabora coa Mostra. En 2021, protagonizou a exposición ‘ Cantos somos nun eu ?’, dentro do programa de ‘Mulleres en Acción’ desa edición.
Loreto Blanco Salgueiro co cartel da Mostra en Cangas
Compartir
Te puede interesar...
Crucero en el puerto de Barcelona, imagen referencial.
Miles de personas se movilizaron en Buenos Aires y otras ciudades de Argentina para rechazar el negacionismo de la dictadura. Imagen: Wikimedia Commons
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.