A ocupación hoteleira mantívose por riba do 75% na segunda semana de setembro

Compartir
Rolda de prensa. Fonte: Concello

O potencial turístico da cidade mantense en setembro cunha ocupación media de máis dun 75% na segunda fin de semana deste mes. Amais, no que vai de verán, 4.615 viaxeiros fixeron uso do autobús turístico que funciona desde xullo.

 

O Alcalde cualificou de “moi boa” a cifra de ocupación hoteleira da pasada fin de semana, cunha porcentaxe do 75,2%. En rolda de prensa, puxo en valor o “tirón” turístico da cidade lembrando a ocupación media do mes de agosto, situada nun 89%, con picos que superaron o 91% as fins de semana.

Outro dos servizos que ofrece a cidade aos visitantes é o bus turístico, operativo desde principios de xullo. De feito, entre o día 5 dese mes e o 9 de setembro, fixeron uso deste transporte 4.615 usuarios. Xullo rexistrou 1.352 viaxeiros; agosto, 2.769 e en setembro, ata o día 9, contabilizáronse 494 pasaxeiros.