27 agosto, 2021
Para inscribirse na actividade é preciso apuntarse previamente a través da web municipal
O curso, de nivel iniciación, está dirixido preferentemente a persoas de entre 12 e 35 anos, e desenvolverase en cinco sesións de dos horas cada unha, a partir do día 15 de setembro, no edificio da OMIX, (Campo da Feira).
O lettering é a arte de crear composicións con letras derivadas. As persoas que se apunten terán a oportunidade de iniciarse no mundo desta disciplina, conseguindo manexar as primeiras ferramentas para personalizar tarxetas de felicitación, portadas de traballos, letreiros, etc.
O obradoiro ten un custe de 15 euros co material incluído. As persoas interesadas poden atopar toda a información e inscribirse na páxina web do Concello, (tomino.gal).
Alerta