A OMIX de Tomiño organiza unha xornada de adopción canina e felina, este sábado na Praza do Seixo

Compartir

O Grupo de Voluntariado da OMIX DE TOMIÑO organiza unha XORNADA DE ADOPCIÓN CANINA E FELINA que terá lugar o vindeiro sábado, 4 de setembro.

Ante o abandono animal que non para de aumentar ano tras ano, especialmente na tempada de verán, a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño, organiza coa colaboración do seu grupo de voluntariado, unha xornada de adopción de cans e gatos que terá lugar entre as dez da mañá e as dúas da tarde, na Praza do Seixo.

A actividade conta tamén ca colaboración desinteresada de protectoras e veterinarias
ás que agradecen o seu gran traballo.

As persoas que non poidan adoptar poden participar aportando material novo ou usado en bo estado que xa non utilicen (xoguetes, correas, transportín, camas, mantas, etc.).

Existe a posibilidade de adoptar un animal da protectora ou un gato ou gata procedente de colonias de familias que viven na rúa. O Concello comprométese a castrar aos animais sen custe algún para as persoas que adopten. Os voluntarios e voluntarias pretenden ademais crear unha listaxe de persoas dispostas a adoptar.

Dende a OMIX Tomiño lembran que o abandono é un delito e que adoptar é un acto de responsabilidade, solidariedade e humanidade gratificante, no que hai que ser conscientes de que UN ANIMAL NON É UN XOGUETE e necesita que os donos se ocupen del e o coiden durante toda a súa vida.