18 de abril de 2024
31 julio, 2021
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá á saída dos participantes do Arousaman desde a praia de Confín, no Grove, onde puido animar aos nadadores antes da súa travesía, que rematará este mediodía na praia de Coroso, en Ribeira.
Fabiola García felicitou aos organizadores por permitir, a través deste campionato, amosarlle ao mundo a valía das persoas con dano cerebral adquirido. Así mesmo, destacou que a Xunta está sempre a carón das persoas con discapacidade e daquelas iniciativas que impulsan a concienciación da sociedade.
Alerta