21 marzo, 2024
O sábado 23 de marzo ás 13 horas na Concatedral – Basílica de Santa María, cun concerto aberto ao público gracias á colaboración do Concello de Vigo
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, inaugura as festas da Reconquista de Vigo cun concerto que terá lugar na Concatedral – Basílica de Santa María, gracias á colaboración do Concello de Vigo.
Ás 13 horas deste sábado 23 de marzo actuará, en primeiro lugar, o Ensemble de Chelos, baixo a dirección de Miriam Fernández. E a continuación, a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández. Ambas agrupacións tocarán un ameno repertorio composto por obras tradicionais e de recoñecidos compositores como Florence Pierce, Sibeluis, Schubert e Handel.
O concerto pechará coa actuación conxunta da Orquestra Infantil e o Coro formado por pais, nais, amigos e familiares dos membros da Orquestra coa axuda da profesora Guadalupe Núñez da Escuela de Música Amadeus.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
O Ensemble de Chelos, forma parte das agrupación da Orquestra Kv2211 que permite diversificar as actividades formativas e interpretativas dos músicos de corda que constitúen a Kv2211. O punto forte deste Ensemble de Chelos é precisamente a integración de todos os violonchelistas da Orquestra, desde os máis pequenos aos máis veteranos.
Este concerto da Reconquista da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211, forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo.
Alerta