A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211, é ‘un proxecto de éxito’

Compartir

“Esta orquestra é un proxecto de éxito que sobreviviu a unha
pandemia, é unha idea boa e consistente e cando as ideas son boas e consistentes teñen éxito”. Son palabras do alcalde de Vigo, Abel Caballero, no concerto de verán da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebrado onte, con aforo completo, no Auditorio Municipal de Vigo grazas a colaboración do Concello de Vigo.


Abel Caballero salientou, ademáis, que o proxecto Kv2211 é “un proxecto singular, magnífico e por iso ímoos a acompañar, este é un movimento revolucionario para a música e agrádanos polo que imos a continuar e a darlle máis impulso e seguiremos saudando a derrota do coronavirus coa música”, engadiu o rexidor vigués.O concelleiro de Cultura, Abel Losada, tamén estivo presente durante todo o concerto e salientou o esforzo e adicación dos  máis xoves da Orquestra Infantil na preparación do programa.

Actuaron as dúas formacións da Kv2211. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández formada por mozos e mozas instrumentistas decorda de entre 8 e 14 anos de idade. E a continuación, a Orquestra Xuvenil dirixida porJosé Manuel Fernández. Ambas agrupacións, coas primeiras pezas do seu programa, fixeron unha pequena lembranza da figura de Ludwig van Beethoven polo 250 Aniversario do seu nacemento que se celebrou no ano 2020 e que quedou diluído por mor da pandemia.

A Orquestra Kv2211 constituíuse en outubro de 2017 con fin de potenciar a formación orquestral de instrumentos de corda e contribuír a potenciar a actividade cultural de Vigo. Está formada por nenos e nenas de entre 8 e 22 anos de Vigo, Porriño, Tui, Nigrán,Baiona, Mos e Santiago de Compostela.

Este concerto de verán está incluído na programación da Orquestra Infantil e Xuvenilde Vigo Kv2211 do ano 2021 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo.