Papanoelada motera. Fonte: Concello
13 diciembre, 2021
A saída será ás 17.00 horas da Escola Naval Militar e percorrerá parte do rural e do casco urbano.
Os moteiros máis solidarios volverán visitar Marín este Nadal para recoller alimentos en pro dos máis desfavorecidos. O concelleiro Manuel Santos e a asociación de Moteiros Solidarios de Galicia presentaron esta mañá a Papanoelada moteira, que terá lugar o sáado 18 de decembro (sábado), a partir das 17.00 horas.
Está previsto que a saída sexa da porta da Escola Naval, onde se instalará unha furgoneta para que cada motero poida depositar alí os alimentos non perecedoiros que queiran donar.
Desde a saída na ENM, os moteiros percorrerán o vial de Praias, Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez, Lameiriña, Banco Bilbao e, finalmente, parada na Alameda Rosalía de Castro.
Alerta