13 febrero, 2024
– Aceesca, en colaboración coa Xunta e co Concello do Porriño, pon en marcha a primeira formación dual adaptada en hostalería de Galicia nas instalacións do Centro Cultural Alba
– O Concello do Porriño acondicionou e cedeu estas instalacións municipais que servirán de centro formativo e simultaneamente estarán abertas ao público
O Porriño acolleu hoxe a presentación dun proxecto pioneiro en Galicia impulsado por Aceesca en colaboración coa Xunta e o Concello do Porirño: o programa de Formación Dual de hostalería para persoas con diversidade intelectual.
Foi nas instalacións do Centro Cutlural Alba, acondicionadas e cedidas polo Concello do Porriño para albergar a formación que desenvolve a asociación. Trátase dun proxecto
financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que, en colaboración co Concello, permitirá que a cafetería habilitada para servir de centro de formación, abra
tamén para a atención ao público.
O obxectivo deste programa de formación dual é que as persoas con discapacidade intelectual poidan obter un certificado de profesionalidade para exercer un oficio e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral común. Mediante contratos de formación en alternancia a través de Aceesca e na práctica no centro habilitado en Torneiros,
avanzarán na súa capacitación para que –unha vez concluido o proxecto- poidan atopar unha oportunidade nas empresas de hostalería da contorna.
A maiores desta modalidade que se implementa por primeira vez, Aceesca tamén desenvolverá un programa de formación dual de xardinería, campo no que xa tiñan levado
a cabo unha iniciativa deste tipo.
Se ben o curso comezou xa o pasado mes de xaneiro, a cafetería Lume abrirá as súas portas o 24 de febreiro “pretendendo ser ademais dunha actividade formativa un punto
de encontro para a veciñanza de Torneiros”, explican dende Aceesca.
No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que agradeceu a Aceesca a súa implicación coa integración laboral e social das persoas con diversidade e esta
iniciativa en particular, que “non só será enriquecedora para os participantes senón tamén para a parroquia de Torneiros, creando un lugar onde atoparse nun ambiente onde se
farán notar os valores do respecto, a pluralidade e a inclusión”.
Alerta