20 septiembre, 2021
Os axentes, que denunciaron o caso ante á Policía Nacional e
convidan aos particulares a que fagan o mesmo, detivo a un dos
responsables das decenas de pintadas que apareceron nunha
zona residencial do casco urbano de Marín.
A Policía Local de Marín identificou e detivo a pasada semana a un dos responsables implicados nas decenas de pintadas que apareceron na zona de Inferniño e cara a zona de Pontevedra, e que crearon danos ao mobiliario público, así como a varios portais particulares.
O suceso aconteceu a pasada semana en torno ás tres da mañá e segundo puideron identificar os axentes de seguridade local, había implicados cerca de 12 rapaces. Teñen contabilizadas máis de 25 pintadas en paredes de distintos puntos do tramo urbano antes referido.
O detido, tal e como rexe o protocolo, foi levado á comisaría da Policía Nacional, corpo encargado da xestión deste tipo de infracións. Desde a Policía Local, que xa denunciou o caso á entidade estatal, animan a que todos os veciños e veciñas que
se viran afectados polas pintadas, denuncien o seu caso ante a Policía Nacional.