30 agosto, 2024
O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de setembro ás 22:00 horas no 636988765
Sairán do Torreiro de San Roque para desviarse pola rúa Xuncido e afrontar un maior desnivel e unha rasante natural cunha curva na meta de 90 grados, acadándose velocidades superiores aos 100 km/hora
Os verdadeiros ‘autos locos’ regresan o sábado 14 de setembro a Camos para deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia. O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural ‘A Camoesa’ organizan a ‘XVI Baixada de Carrilanas’ na rúa San Roque e Xuncido.
Como xa é habitual, volverán a saír do Turreiro, virarán á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) para afrontar maior desnivel, unha rasante e unha curva no trazado de 90 grados na propia meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os vólidos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora. A proba desenvolverase durante toda a mañá, comezando ás 9:30 horas. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de setembro ás 22:00 horas no 636988765
“Como é o caso do ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, a baixada de carros de bolas de Camos é tamén un evento moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan e ao mesmo tempo tamén moi espectacular polas velocidades que acadan e o propio trazado”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir e a participar no evento.
Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. As carrilanas forman parte da tradición popular de Camos, sendo un dos “xoguetes artesanais” máis apreciados pola rapazada da parroquia.
Alerta