
25 octubre, 2025
A Plataforma Fronte á Masificación Turística Vigo e O Morrazo, formada por preto de vinte
organizacións e sindicatos, vén de organizar un roteiro sobre a Arqueoloxía das Vivendas
de Uso Turístico.
O roteiro comezou na Praza do Berbés onde se presentou a actividade e o percorrido. A
seguinte parado foi na rúa Real, onde falouse de como foi cambiando o barrio nas últimas
décadas, con especial atención ao impacto que están xerando as vivendas de uso
turístico. Na Colexiata tratouse como o que comezou como un complemento do aluguer,
transformouse nun negocio que está contribuíndo á redución da oferta de alugueiro
habitual e á subida dos prezos.
Pero as consecuencias desta conversión de vivenda habitual en aloxamento turístico ten
outros impactos derivados, como a expulsión da veciñanza que non atopa ofertas ou as
que atopa non pode pagalas. “A proliferación de vivendas de uso turístico está a acabar
coa vida dos barrios”, sentencia Juan Medela, voceiro da Plataforma.
Unha nova parada na Porta do Sol serviulles para falar doutros impactos da masificación
turística, especialmente os que teñen que ver co espazo público e o comercio tradicional
que, pouco a pouco, vai pechando as portas para que novos negocios orientados ao
turismo as abran. “Apenas quedan comercios de barrio, é un negocio en perigo de
extinción e iso tamén ten un impacto importante nas propias comunidades”, asegura o
voceiro.
A subida por Elduayen serviulles de escusa para analizar a nova regulación que está a
artellar o concello sobre as vivendas de uso turístico. Tamén para falar da dinámica actual
que se está expandindo pola cidade, consistente na merca de edificios enteiros para
adicalos por completo a este tipo de aloxamento turístico.
O roteiro rematou na oliveira do Paseo de Alfonso, onde reflexionaron sobre as posibles
consecuencias para a cidade se este modelo de negocio continúa, ao tempo que
indicaban que as medidas para “afrontar a crise habitacional que estamos a padecer”,
ademáis da solicitude de zonas tensionadas para a regulación dos prezos e do aumento
da vivenda pública co parque existente, “pasan por decretar unha moratoria de licencias
en todo o Concello para este tipo de actividade ultraespeculativa, perseguir as ilegáis e
recuperalas para aloxamento permanente”, indicou Juan Medela.
A Plataforma apela á colaboración institucional para garantir a protección da veciñanza e
o cumprimento do dereito constitucional de acceso á vivenda.
Alerta