A Real Academia Galega de Ciencias distingue a traxectoria de cinco científicas e científicos galegos

Compartir

A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicas e científicos galegos das Universidades de Santiago, Coruña e Vigo coas Medallas de Investigación 2021

 

Os catedráticos Carmen Álvarez, Carlos Hervés, Luis Castedo, Manuel Ladra e María Antonia Señarís recibirán a súa distinción no acto do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o 8 de outubro

 

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) distingue a traxectoria consolidada de cinco científicas e científicos galegos en activo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade da Coruña (UDC) e da Universidade de Vigo (Uvigo) coas “Medallas de Investigación”. Esta distinción recoñece na súa terceira edición traxectorias senlleiras en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos.

 

Carmen Álvarez Lorenzo

Carmen Álvarez Lorenzo (Santiago de Compostela, 1970) recibe a medalla Ánxeles Alvariño González, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde. É catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC. É académica numeraria da Real Academia de Farmacia de Galicia e Fellow do American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE). Conta con 23 anos de investigación posdoutoral en institucións como o Massachusetts Institute of Technology (MIT) e en colaboración con industrias. O seu traballo sitúase na interfase da bioloxía, a ciencia dos materiais e a medicina coa tecnoloxía farmacéutica, e deu lugar a unha ampla variedade de sistemas de administración de fármacos nas escalas macro, micro e nano, a produtos de combinación fármaco-produto sanitario e a scaffolds para medicina rexenerativa. As súas aportacións recóllense en +330 artigos en revistas indexadas, 37 capítulos de libro, dous libros en co-edición, preto de 400 comunicacións a congresos e 18 patentes, algunhas delas estendidas a outros países europeos, USA e Xapón. “Esta distinción supone un estímulo y también un reto para mi trabajo futuro, y quiero compartirla con todas las personas que me han apoyado desde los inicios de mi carrera y me han enriquecido a través de sus enseñanzas, con mis estudiantes de doctorado y con todos los demás miembros del grupo I+DFarma” –manifiesta–.

 

Carlos Hervés Beloso

A medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, destaca a traxectoria de Carlos Hervés Beloso (Marín, 1953), catedrático desde 1989 que exerce como docente e investigador desde 1975, ano no que se licenciou en Ciencias Matemáticas na USC con premio extraordinario. Completou estudos de doutoramento na Universidade de Nancy (Francia) que finalmente obtivo USC con premio extraordinario en 1979. Tras cursar estudos posdoutorais en Trinity College e University College Dublin (1979-1980) incorporouse ao Colegio Universitario de Vigo onde se interesou polos traballos de G. Debreu (Premio Nobel de Economía en 1984).

 

Foi invitado por Andreu Mas-Colell como visiting scholar no departamento de economía da Universidade de Harvard onde seguiu o curso de doutoramento de Andreu en microeconomía (1989). Foi catedrático en comisión de servizos na Universidad Carlos III. A continuación, regresou á UVigo. Desde 1988, todas as súas publicacións céntranse na teoría económica e foron recollidas en revistas como Economic Letters, Journal of Economic Theory, Games and Economic Behavior, Journal of Economics, Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, etc. Dirixiu unha ducia de teses de doutoramento e participou en tribunais en España, Francia, Portugal, Italia, Alemaña e Reino Unido. Carlos Herves foi nomeado en 2011Fellow da Society for Advancement of Economic Theory e en 2012 membro de honra da Sociedad Española de Economía. Actualmente, é o director do centro ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) e coordinador do grupo de investigación RGEAF (Research Group in Economic Analysis, Accounting and Finance). “Si algún mérito pudiera tener realmente, ese será el de una larga trayectoria como docente y como investigador. He tenido la suerte de disfrutar de mi labor como profesor, porque nunca he dejado de aprender. Me siento especialmente orgulloso de mis discípulos, de aquellos que han iniciado su carrera investigadora con una tesis doctoral que en su momento dirigí, que pronto se convirtieron en mis coautores y que, hoy en día, tienen una exitosa carrera académica” –señala–.

 

Luis Castedo Ribas

O enxeñeiro de telecomunicacións Luis Castedo Ribas (Santiago de Compostela, 1966) foi o elixido pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a medalla Isidro Parga Pondal. É catedrático da UDC á que se incorporou en 1994 tras obter un ano antes o título de Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid. É coautor de máis de 300 artigos en revistas e congresos internacionais de referencia en enxeñaría de comunicacións sen fíos. Dirixiu 16 tese de doutoramento. É coordinador do grupo de investigación en Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións co que desenvolveu máis de 50 proxectos de investigación de financiamento público e asinado máis de 30 contratos de transferencia de tecnoloxía con empresas. O seu grupo foi recoñecido pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitiva varias veces, a última en 2020. “Me siento muy honrado porque una institución de prestigio como la RAGC premia mi trayectoria académica e investigadora en un ámbito tan apasionante y actual como las Tecnologías de la Información y Comunicaciones. Quiero compartir este reconocimiento con mi grupo de investigación y con la UDC” –destaca–.

 

Manuel Ladra

A medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, correspóndelle a Manuel Eulogio Ladra González (A Coruña, 1956). É catedrático de Álxebra na USC e socio da RSME. Con 43 anos de actividade docente, Manuel Ladra desenvolveu toda a súa actividade académica, profesional e investigadora na USC. Dirixiu 15 teses de doutoramento e actualmente dirixe outras dúas. Ademais de desempeñar labores de xestión universitaria e de avaliación científica, o galardoado é investigador principal de varios proxectos nacionais e internacionais. O seu labor investigador, difundida en máis de 130 artigos publicados en revistas de impacto internacional, céntrase no estudo da álxebra homolóxica de diferentes estruturas alxébricas, investigación de estruturas alxébricas non asociativas con ampla conexión na Física e a Bioloxía, e en aspectos computacionais da álxebra non conmutativa. Actualmente é coordinador e investigador principal da Rede de Investigación REDE EACA (Rede temática de cálculo simbólico, álxebra computacional e aplicacións).

 

“A concesión da medalla supón unha gran satisfacción persoal, polo recoñecemento á miña traxectoria científica durante máis de 40 anos, ao ser o máis prestixioso a nivel galego no ámbito onde traballo. Pero tamén é un respaldo á investigación pura en matemáticas, no meu caso particular á disciplina da álxebra, aos meus compañeiros e amigos do meu grupo de investigación en matemáticas na USC. Ademais, é un recoñecemento ao meu departamento e á Facultade de Matemáticas, pola súa posición no liderado internacional en Matemáticas nos últimos anos” –apunta–.

 

María Antonia Señarís Rodríguez

María Antonia Señarís Rodríguez (Santiago de Compostela, 1965) recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía. É catedrática de Química Inorgánica da UDC, onde desenvolveu a maior parte da núa carreira. É licenciada en Química pola USC, Máster en Materiais de Interese Tecnolóxico e doutora en Química pola Universidad Complutense de Madrid e entre outras bolsas desfrutadas, foi bolseira Fullbrigt posdoutoral no Center for Materials Science and Engineering da Universidade de Texas en Austin (USA), baixo a dirección do profesor John B. Goodenough, Premio Nobel de Química 2019.

 

 

Toda a súa actividade investigadora centrouse no ámbito da química e física do estado sólido e materiais deseñando, preparando e estudando compostos sólidos. Fundou e dirixiu o grupo de investigación en Química do Estado Sólido e Materiais da UDC, que actualmente desenvolve a súa actividade no Centro de Investigacións Avanzadas (CICA). Participou en máis de 25 proxectos de investigación interdisciplinares, realizou estancias de investigación en USA, Alemaña, Francia ou México e publicou 144 traballos de investigación. Ademais, é coinventora de dúas patentes en materiais dieléctricos e seis patentes sobre materiais e dispositivos calóricos, conseguindo contratos con distintas empresas. Actualmente é vicepresidenta do Grupo Español de Química do Estado Sólido e Materiais da Real Sociedad Española de Química. “Recibo con mucha sorpresa, alegría, ilusión, humildad y agradecimiento este prestigioso galardón que me honra muchísimo tanto a nivel profesional como personal. Y pensando inmediatamente en todas las personas e Instituciones que me apoyaron e hicieron posible que llegase hasta aquí, en particular en mi familia, en mis maestros, en mi grupo de investigación y en la UDC, a los que quiero expresar mi inmensa gratitud” –indica–.

 

A celebración da ciencia

A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o vindeiro 8 de outubro no Colexio de Fonseca en Santiago. Tamén se homenaxeará como “Científica Galega do Ano” a figura de Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética médica en España. A celebración do Día da Ciencia en Galicia promove a posta en valor da traxectoria dos científicos que historicamente e na actualidade contribúen de forma significativa ao avance do coñecemento e á súa aplicación á mellora da calidade de vida das persoas e ao progreso económico de Galicia.