12 marzo, 2025
A Real Federación Galega de Fútbol vén de publicar a primeira resolución das axudas federativas da tempada 24-25. Son xa preto de 600 os clubs de fútbol e fútbol sala que formalizaron de maneira correcta a solicitude das axudas a través da plataforma habilitada na páxina web. Os que aínda non o fixeron no prazo establecido teñen unha prórroga de dez días hábiles para realizar dita solicitude.
Pincha no seguinte enlace para ver como solicitar a axuda
O resultando desta primeira resolución é que a RFGF vai a ingresar aos clubs máis de 600 mil euros, 624.049 en concreto. Trátase dunha cantidade moi relevante que se verá incrementada cando remate o prazo da prórroga e se publique a segunda resolución.
A RFGF leva avrios anos destinando para os clubs a cantidade íntegra que se recibe do 1% dos dereitos de TV do fútbol profesional e incluso completa a cantidade total das axudas con recursos propios, ata chegar a unha cantidade aproximada de 1.200.000 euros.
Alerta