4 septiembre, 2021
A Ría de Muros Noia non quixo estar ausente do regreso de TUREXPO a Silleda
Nesta edición, coa que se pretende retomar o pulso do turismo galego tras as restricións do COVID19, o Xeodestino Ría de Muros Noia preséntase baixo o lema “Segue a nosa Estrela”, cun claro referente ao Camiño recentemente apoiado polo Cabildo Catedralicio, e que cada semana achega máis peregrinos ata Compostela.
O Camiño da Ría de Muros Noia, e a súa versión navegable: o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, son unha excelente oportunidade para mostrar toda a oferta do patrimonio histórico e natural, e igualmente a delicada gastronomía baseada en produtos de proximidade, especialmente con orixe na propia ría, onde o berberecho é o indiscutible rei.
Punto de información turística de Ría de Muros Noia en Turexpo 2021
A caseta tamén nos mostra, con folletos e con pase de vídeos, o traballo realizado nos últimos anos, nos que se proxectou as posibilidades desta ría para o sendeirismo, para os roteiros de turismo industrial ou para as visitas guiadas.
Turexpo celébrase en Silleda os días 3, 4 e 5 de setembro, en horario de 10 a 20 horas.
Alerta