13 noviembre, 2024
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, continúa a súa rolda de xuntanzas cos responsables das federacións deportivas de Galicia no tocante á planificación da tempada 2024-2025. Se a semana pasada foi a quenda das federacións deportivas de vela, remo, piragüismo, atletismo e ximnasia, desta volta tiveron lugar as reunións de traballo cos representantes das federacións de taekwondo, loita, judo, natación e bádminton.
Nestas xuntanzas a Secretaría Xeral para o Deporte analiza cos seus socios federativos o marco orzamentario para 2025 que se prevé que incremente o consignado en 2024 e 2023, anos nos que se acadou o récord de 5 millóns de euros para os convenios coas federacións. Cómpre salientar tamén, dentro das grandes liñas de actuación, o proxecto de conversión do actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva nun centro integrado de Alto Rendemento e Tecnificación para o que contará cunha ampliación cara Cernadiñas Novas e que, como indicou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en sede parlamentaria, conta con medio millón de euros reservados no orzamento de 2025 para o inicio do mesmo.
Alerta