Neste encontro tamén participaron a directiva da RFGF Silvia Cancela; Marian Mouriño, presidenta do RC Celta; e Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; entre outras
28 marzo, 2025
A Selección Española feminina, vixente campioa do Mundo, xogará en abril ante Portugal no camiño cara á UEFA Nations League, torneo da que é vixente campioa. O calendario marca as próximas citas para os días 4 de abril, en Paços de Ferreira, e 8 de abril, cando España xogará en casa, no estadio Abanca Balaidos ante as lusas.
Aproveitando a súa presenza en Vigo, onde publicará a súa convocatoria e ofrecerá rolda de prensa este venres, a seleccionadora Montse Tomé compartiu a tarde deste xoves un grato encontro cunha representación do fútbol feminino da provincia de Pontevedra.
Tomé aproveitou a súa presenza en Vigo para pasear polas rúas do centro histórico da cidade e tomar un café con xogadoras, adestradoras e directivas dos clubs de Segunda e Terceira Federación feminina. Así, tiveron representación os clubs Atlético Villalonga, AS Celtas, Sárdoma CF e Lóstrego CF.
Neste encontro tamén participaron a directiva da RFGF Silvia Cancela; Marian Mouriño, presidenta do RC Celta; e Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra.
A Selección Española coñecerá a súa lista de convocadas para o dobre choque ante Portugal este venres, a partir das 11:30 horas, a través das canles oficiais da Real Federación Española de Fútbol. Unha hora máis tarde, a as 12:00 horas, Montse Tomé comparecerá ante os medios informativos desde a sala de prensa do estadio Abanca Balaidos de Vigo.
As entradas para o choque entre España e Portugal do próximo día 8 de abril, ás 19:00 horas, xa están á venda no portal oficial da RFEF: https://tickets.rfef.es/
Alerta