20 septiembre, 2021
A nova temporada de teatro organizada pola Concellería de Cultura de Vilagarcía e a Agadic estréase o vindeiro 25 de setembro ás 20.00 horas coa comedia “O Premio”, coprodución da compañía La Quintana Teatro e o Centro Dramático Galego. Marián Bañobre dirixe “O Premio”, un espectáculo que se estrutura como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida. Baixo o lema de “Morrer logrando a fama. Todo para un soño”, o reality prevé tres posibles finais en función dos desexos do público.
As entradas para esta divertida función poranse á venta a partir de mañá, 4 de setembro, a través de ataquilla.com e do teléfono 902504500 (con gastos de xestión). Como é habitual no ciclo organizado pola Concellería, as entradas teñen un prezo reducido de 5 euros para o público en xeral e de 3 euros para maiores, desempregados e titulares do carne xove. O aforo é de 370 butacas.
” O Premio” é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que obriga a xente a caer recorrer ao reality como única fórmula de conseguir a felicidade. O argumento desta obra parte de que nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións somerxa ao país na “crise ao cubo”, aos dirixentes do Estado ocórreselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida.
Como outros espectáculos de La Quintana Teatro, esta obra parte da investigación a pe de rúa. Nesta obra explorarase á muller cosmopolita, á muller tradicional, ao home perdido e o prezo da felicidade. Con tan só tres actores sobre o escenario, conseguen crear a convención do espectador de que viaxou 30 años no tempo, ata 2050.
“O Premio” baséase nun texto de Santiago Cortegoso e conta coas interpretacións sobre o escenario de Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar y Raquel Espada.
Alerta