16 julio, 2023
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á misa celebrada polo Día do Carme, organizada pola Comunidade Marítima de Vigo e celebrada no edificio do Mercado, no Porto Pesqueiro da cidade olívica.
A eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza, celebrouse na antesala do día grande da patroa do mar e da Armada e estivo cargada de emotividade e tradición.
Ao finalizar a misa, a vicepresidenta provincial acudiu á ofrenda floral á Virxe do Carme, que correu a cargo do deputado provincial e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; o comandante Naval de Vigo, Antonio Couce; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e outras autoridades marítimas.
Trala ofrenda floral, a imaxe da Virxe saíu en procesión marítima pola Ría de Vigo a bordo do “Ostra Segundo”, acompañada dunha ducia de embarcacións engalanadas para a ocasión.
Alerta