27 octubre, 2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu ao acto de entrega de medallas. Sánchez agradeceu o esforzo aos organizadores, “desde o comité, liderado por Diego Maraña, ata o Real Club Náutico de Vigo, a Xunta, a Escola Naval de Marín e ao resto de patrocinadores”, por traballar una no máis para “demostrar que non hai barreira física á que non se poida vencer desde a igualdade de dereitos e de oportunidades”.
A vicepresidenta provincial felicitou aos gañadores e destacou o espírito da cidade de Vigo “e a súa implicación social”. Neste eido, non dubidou en tender a man da Deputación de Pontevedra para seguir traballando “para promover a plena inclusión das persoas con discapacidade física e intelectual no deporte”.
Alerta