12 octubre, 2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde nos actos de celebración do centenario do Celta Atletismo na sede do club da rúa do Príncipe de Vigo. Durante o acto, Sánchez remarcou que “non calquera club pode presumir de chegar aos 100 anos de vida” e enxalzou a estreita relación entre o Celta e Vigo: “O Celta é Vigo e Vigo é o Celta, independentemente do deporte do que falemos. A historia do club é a crónica da cidade e tamén á inversa”.
Na xornada, que se completou coa mesa redonda “Céltic@s nos Xogos Olímpicos”, un cóctel e a música de Broken Peach e do DJ Pabs Session, a vicepresidenta subliñou que “non soamente celebramos a historia, o pasado, senón que celebramos o presente, os 400 atletas cos que conta o club a día de hoxe, e miramos con esperanza cara o futuro”.
Alerta