1 julio, 2023
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na entrega de premios do Campionato galego de boxeo en idade escolar, onde destacou a importancia de fomentar o deporte entre a poboación máis nova para “construír unha Galicia saudable, solidaria e con espírito de superación”.
Organizado pola Federación Galega de Boxeo co apoio do Goberno galego, o evento
contou coa participación de 150 deportistas de entre 5 e 16 anos dunha vintena de clubs
de toda Galicia. Diego Calvo incidiu nos beneficios que representa a práctica deportiva
para a rapazada, coa adquisición de valores básicos para o desenvolvemento persoal.
Nesta liña, agradeceu o labor desenvolvido polas federacións e os clubs, así como a súa
implicación en iniciativas impulsadas pola Xunta como o Plan Corresponsables ou o
programa Xogade, destinados de xeito específico aos máis novos.
Alerta