15 enero, 2025
― O conselleiro do Mar enxalzou a traxectoria de Anfaco no impulso da cadea mar-industria galega na súa condición de entidade máis antiga no seu ámbito de toda España con máis de 120 anos
― Este acordo permitirá financiar o desenvolvemento de accións como a XII Anfaco World Tuna Conference, que terá lugar en Vigo, a promoción dixital dos produtos para captar novos consumidores ou unha nova edición da iniciativa A Matriculata
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asinou hoxe un novo convenio de colaboración con Anfaco-Cecopesca para refozar a competitividade e promoción da conserva galega a nivel internacional. Así, a Xunta achega a metade dos máis de 400 mil euros que recolle este acordo para a execución de diferentes accións dirixidas á posta en valor das conservas e produtos do mar así como a garantir a súa presenza en mercados prioritarios mediante a participación en feiras de alimentación estratéxicas.
O titular de Mar manifestou o apoio do Goberno galego a un sector clave na cadea mar- industria galega da man dunha entidade cunha traxectoria consolidada como Anfaco- Cecopesca, con máis de 120 anos de historia. Nesta liña, destacou que este acordo, que incrementa a aportación autonómica en case un 36% respecto o 2024, permitirá financiar o desenvolvemento da XII Anfaco World Tuna Conference en Vigo, ou unha nova edición da iniciativa de promoción A Matriculata que percorreu o ano pasado todos os campus universitarios galegos a través dunha foodtruck.
O responsable autonómico, acompañado pola nova directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, sinalou que esta colaboración tamén aborda a promoción na contorna dixital destes produtos do mar co obxectivo de aumentar a súa comercialización. Unha liña de traballo que continúa coas acción executadas o ano pasado e cuxas publicacións alcanzaron 8 millóns de clicks. Ademais, tamén aborda a divulgación e accesibilidade virtual do entorno conserveiro e do patrimonio cultural vencellado a esta industria.
A organización Anfaco-Cecopesca ten un papel moi activo na interlocución do sector ante institucións internacionais como a Comisión, o Parlamento Europeo, a FAO, InfoFish, así como ante a administracións de terceiros países. Tamén destaca a súa aposta pola innovación tecnolóxica desenvolvendo na última década 300 proxectos que mobilizaron máis de 260 millóns de euros. Unha labor que complementa o seu laboratorio no que realizáronse máis de 1,3 millóns de análises, atendéronse 20.000 consultas e capacitado a máis de 5.000 alumnos.
Alerta