Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo apuntou que á Xunta comprobou que o Concello non remitira os documentos de Aviación Civil e o de Telecomunicacións. “Hai un déficit de dous informes estatais preceptivos, ademais das condicións indicadas no sectorial de Patrimonio, para que o documento poida considerarse completo e obxecto de informe”, apuntou.
Ademais, a directora xeral de Patrimonio Cultural explicou que os representantes municipais xa admitiron que existira un erro no envío das fichas sobre O Castro e Castrelos. “Detectamos unha modificación na contorna de protección do ben patrimonial, xa que son bens de interese cultural, e había un cambio substancial moi importante, polo que na reunión comentaron que se trataba dun erro e que o aportarían de novo tal e como estaba visto nun primeiro momento”, indicou.
Os empresarios, a través do presidente da CEP, Jorge Cebreiros, destacaron a resposta “inmediata” da Xunta de Galicia á proposta de xuntanza.
“Agradecemos a sensibilidade amosada polo Goberno galego para manter este diálogo co sector e trasladarnos tranquilidade, polo que nos congratulamos do grado de colaboración entre administracións”, apuntou
Na xuntanza celebrada este martes cos empresarios, a representantes da Xunta se comprometeron a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —tres meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.