5 diciembre, 2024
A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á clausura da última edición do curso que promove Cangas con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este xoves o obradoiro Granxa da Rúa XII que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas e confirmou un investimento de 411.927,20 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para reeditar unha edición máis un curso que promove Gondomar, xunto con Baiona en Nigrán.
A representante autonómica, que estivo acompañada polos alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. “A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a comarca como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.
Ortiz confirmou que haberá unha nova edición do obradoiro e que a Xunta investirá 3,9 millóns en 2025 para un total de dez cursos na área de Vigo. No caso concreto de Granxa da Rúa XIII, os participantes recibiron desde novembro de 2023 a novembro de 2024 formación nas especialidades de vixiancia e extinción de incendios forestais.
Ademais, a delegada indicou que xa están aprobadas novas achegas para repetir en 2025 con Vigo Capacita X e o IV Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través da Mancomunidade de Montes. Tamén Mos promoverá a iniciativa Queda en Mos III; Salceda de Caselas contará co curso Recuperación do Legado Patrimonial; Salvaterra de Miño terá o Salvaterra Emprega IV; en Gondomar o taller Coidando o Miñor; Redondela, o obradoiro Polo Mar de Redondela; O Porriño desenvolverá o obradoiro Porriño Humaniza, e Moaña o taller Labora Hostalería.
Alerta