27 septiembre, 2024
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este venres o centro educativo no que se levou a cabo un novo investimento de preto de 50.000 euros
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres durante unha visita ao IES O Castro no que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades levou a cabo un investimento de preto de 50.000 euros para crear dúas novas aulas na antiga vivenda do conserxe. Ademais, a represante autonómica lembrou que o Goberno galego destina máis de 21 millóns de euros á modernización e mellora dun total de 53 infraestruturas da comarca, delas 28 na cidade
olívica cun importe de preto de 9 millóns.
Ortiz destacou que grazas ás obras o centro conta con dous novos espazos que amplían a súa capacidad para o alumnado. “A mellora das instalacións garante que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles a través das novas políticas educativas que estamos poñendo en marcha”, sinalou. No caso do IES O Castro, a delegada explicou que o pasado ano o centro recibiu un investimento de 09.490 euros para o cambio de luminarias.
Ademais, a delegada explicou que o Plan de nova arquitectura pedagóxica inclúe case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución.
Ana Ortiz tamén informou da renovación de instalacións fotovoltaicas en nove centros educativos da área viguesa, catro deles na propia cidade, cun investimento total de 243.847 euros.
Alerta