18 septiembre, 2021
A adxudicación da obra a Covsa, aprobarase na reunión do luns cun
orzamento de 75.094 euros; 34.404 por debaixo do prezo de licitación.
A obra permitirá ensanchar e asfaltar o deteriorado camiño de terra, que
dá acceso a fincas agrícolas e aos pozos de captación de augas do
Concello.
Trátase dunha actuación incluída no Plan Municipal de Mellora de Camiños
Rurais que leva a cabo o Concello.
O acondicionamento do Camiño de Santa Mariña, unha obra importante tanto no investimento que precisa, como encanto á importante mellora e beneficios que terá para os usuarios da vía. 17 empresas concorrían ao concurso, sendo a de Covsa a oferta que acadou a puntual máis alta na avaliación dos técnicos.
Os traballos a realizar permitirán converter nunha vía asfaltada o que
hoxe é un camiño de terra moi deteriorado polas escorrentías de augas
que baixan do monte. A actuación tamén mellorará a seguridade viaria dos
veciños que o transitan con vehículos e maquinaria agrícola para
traballar as explotacións existentes na zona e facilitará o acceso aos
pozos de captación de augas do Concello.
Para financiar esta actuación, o Concello conta cunha cunha achega de
42.887 concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta
de Galicia. O resto do orzamento correrá a cargo das arcas municipais.
Mellora dun tramo de 640 metros de lonxitude
A actuación afectará a un tramo de 640 metros de lonxitude da vía, que
ademais se ampliará ata completar unha plataforma de 6 metros de ancho.
O camiño atópase moi deteriorado, xa que as escorrentías da auga que
baixa con forza das pendentes do monte Lobeira, producen arrastres de
terra e pedras e crean surcos e grandes fochas que dificultan o
tránsito, tanto para peóns como para os vehículos. Para resolver este
problema, a primeira actuación prevista no proxecto é a instalación dun
sistema de recollida e condución das augas pluviais mediante a
construción dunha gabia triangular de formigón para canalizar as augas
superficiais ata o regato de Santa Mariña, que discorre polas
inmediacións.
As obras complétanse coa preparación do camiño mediante labores de
desbroce, nivelación, compactación e apertura de cuneta. A continuación
estenderase unha capa de zahorra para proceder despois á pavimentación
da capa de rodadura, mediante extensión de mestura bituminosa en quente.
Unha vez notificada a resolución da adxudicación e presentada a
documentación pertinente, procederase á firma do contrato para que
poidan comezar os traballos que teñen un prazo de execución de 2 meses.
Alerta