A Xunta de Goberno Local de Vigo licita este xoves as ramplas de Gran Vía desde rúa Venezuela ata Nicaragua

Compartir

Segundo informou este mércores o alcalde en rolda de prensa, aprobarase a licitación da segunda fase das ramplas mecánicas da Gran Vía, que inclúe dous cintas ao longo de 150 metros.

Abel Caballero adiantou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local deste xoves aprobará a licitación da II Fase das ramplas mecánicas de Gran Vía que vai desde a rúa Venezuela ata a rúa Nicaragua. O orzamento previsto para esta actuación é de 4.234.892 euros.

O alcalde anunciou que serán dous cintas mecánicas en un ámbito de actuación de 150 metros. Unha delas vai desde Venezuela ata Bolivia e a outra desde Bolivia ata Nicaragua. O perfil será similar as xa existente entre María Berdiales e Venezuela, con perfís metálicos e vidro e “un novo xardín botánico”, segundo explicou Caballero.

O rexedor sinalou que “esta é a visión que queremos da cidade, con accesos para todos, tamén os máis maiores, á parte alta da cidade”. En rolda de prensa anunciou que a capacidade das ramplas será para transportar a 7.300 persoas á hora, “preparadas para os grandes picos de afluencia”. Unha obra que o rexedor puxo de manifesto a súa importancia coa súa relevancia nas revistas especializadas de urbanismo: “Como unha zona pouco utilizada convértese nunha de gran afluencia”, dixo.

Caballero detallou outras accións na zona como a renovación da rede de saneamento, abastecemento e pluviais, unha nova rede soterrada de servizos de iluminación e semáforos, novos pavimentos, beirarrúas de granito, rede semafórica, sinalización e dotación de innovación tecnolóxica.